jueves, 29 de noviembre de 2012

12 DO 12 DO 12 ÁS 12



Un acontecemento vai suceder o 12 do 12 do 12 ás 12.
Estade atentos.

NUNCA É TARDE SE A DITA É BOA

En primeiro lugar, agradecerlle a Eva Cid as súas fenomenais publicacións neste Blog, e por ser a pioneira en dar un paso á fronte para poder levalo a cabo.
Grazas Eva.

viernes, 22 de junio de 2012

FELIZ VERÁN

Agardo que gocedes destas vacacións de verán e que en Setembro veñades cargados de enerxía para traballar moito.

Un bico MOI GRANDE para todos e todas da vosa mestra!!!!

Eva Cid

jueves, 17 de mayo de 2012

Poema de Valentín Paz Andrade

 OS OLLOS DO RÍO

" Denantes que nos xuncos das lagóas
mexéu seu berce a ponla dos carballos.
Súa primeira luz foi nos olliños
que nas follas abriron os orvallos.

Vai de carreira o río na desfolla
do rosaria de adoas polo val,
deitada criatura de auga insone
sobre un sono de oveiro mineral."

Paz Andrade, Valentín: < Os ollos do río > En: Sementeira do Vento. Vigo: Galaxia, 1968. Pág. 27

Os traballos de Primeiro de E.P. sobre Valentín Paz Andrade




martes, 8 de mayo de 2012

Barullo de letras

Encontras palabras neste barullo de letras?

Preme na imaxe para entrar no xogo.

Sorte!



sábado, 5 de mayo de 2012

Colección de adiviñas!

Mozos e mozas hoxe tócanos coleccionar adiviñas en galego. 

Para iso todos e todas temos que escribir, nun comentario, a nosa adiviña sen resposta. 

Seremos capaces de escribir moitas adiviñas?

domingo, 29 de abril de 2012

viernes, 27 de abril de 2012

A casa que fixo Xan

Ola rapaces e rapazas hoxe tócanos practicar un pouco a "comprensión lectora" e para iso déixovos aquí un conto que se chama " A casa que fixo Xan" e ten varias actividades para facer.
               Espero que vos guste. 

martes, 24 de abril de 2012

lunes, 23 de abril de 2012

23 Abril - Día do Libro

O 23 de Abril conmemórase o día internacional do libro coa principal finalidade de fomentar a lectura e sobre todo que todos non vexamos inmersos na maxia dos libros.


sábado, 21 de abril de 2012