jueves, 17 de mayo de 2012

Poema de Valentín Paz Andrade

 OS OLLOS DO RÍO

" Denantes que nos xuncos das lagóas
mexéu seu berce a ponla dos carballos.
Súa primeira luz foi nos olliños
que nas follas abriron os orvallos.

Vai de carreira o río na desfolla
do rosaria de adoas polo val,
deitada criatura de auga insone
sobre un sono de oveiro mineral."

Paz Andrade, Valentín: < Os ollos do río > En: Sementeira do Vento. Vigo: Galaxia, 1968. Pág. 27

Os traballos de Primeiro de E.P. sobre Valentín Paz Andrade




martes, 8 de mayo de 2012

Barullo de letras

Encontras palabras neste barullo de letras?

Preme na imaxe para entrar no xogo.

Sorte!



sábado, 5 de mayo de 2012

Colección de adiviñas!

Mozos e mozas hoxe tócanos coleccionar adiviñas en galego. 

Para iso todos e todas temos que escribir, nun comentario, a nosa adiviña sen resposta. 

Seremos capaces de escribir moitas adiviñas?